A nosa asociación practica os deportes sostibles da caza maior e pesca en río. Temos anos de experiencia nos montes da comarca do Deza, os seus ríos e o ámbito natural no que desnvolvemos as nosas actividades.
Defendemos unha práctica respondavle e respetuosa co medio ambiente, garantindo a conservación dos ecosistemas e a biodiversidade local. Participamos activamente na xestión cinexética e piscicola da zona, colanorando con entidades pública e privadas para asegurar un equilibrio entre o lecer e a preservación da natureza.
Organizamos xornadas formativas, batidas controladas e saídas de pesca que promove o coñecemento do entorno natural e a transmisión dos valores tradicionais ligados ao rural galego. A nosa comunidade está formada por persoas comprometidas co territorio, que atopan nesta práctica unha forma de conexión coa terra , coas súas raíces e co medio que nos acole.
Convidámoste a coñecernos e a compartir con nós esta paixón pola natureza e polas actividades ao aire libre, sempre dende unha perspectiva ética e sostible.